Desde o día 9 ao 18 estamos a desenvolver una campaña de recollida de alimentos, para a distribución entre familias necesitadas da comarca, coa colaboración do banco de alimentos de Lugo, se queredes colaborar podedes traer: legumes, arroz, azucre e pasta, na cantidade que querades. Pódese traer tamén otros alimentos sempre que non sexan alimentos perecedeiros. Para máis información consultade aos titores. Esperamos as vosas achegas. Moitísimas grazas.
Por certo, cando levedes os alimentos ao centro, xa vedes as caixas na entrada do edificio para a recollida. Logo non digades onde se pon esto!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario