mércores, 19 de febreiro de 2014

RESUMEN DEL PRINICIPITO (CAROLINA)

Narra as aventuras dun neno, que vén dun afastado planeta, do tamaño dunha caixa de xoguete.

Cando chega á terra encontra un aviador abandonado no medio do inmenso deserto do Sáhara porque o seu avión sufrira unha falla mecánica.

O principiño conta o aviador: os solpores, o coidado da súa rosa, e a gran loita contra os boababs que poden rematar o seu afastado planeta.

O pequeno personaxe tamén narra as aventuras que ten nos seis planetas antes de chegar ao planeta terra. O primeiro planeta encontrábase habitado por un rei. Este esixía que a súa autoridade fose ben respectada.

E non aceptaba a desobediencia. Era un monarca absoluto. Pero, como era moi bo, daba ordes razoables.

O segundo planeta estaba habitado por un home vaidoso, cuxa soberbia impedía ver a súa propia ridiculez.

O vaidoso en canto viu chegar ao principiño ao seu planeta exclamou: Ah! Ah! "Velaquí a vista dun admirador! " O terceiro planeta estaba habitado por un bebedor.

Esta visita do principiño foi breve, pero sumiu o principiño nunha profunda tristura. O bebedor afogábase en alcohol.

O cuarto planeta que visitara o principiño estaba habitado polo home de negocios quen vivia sumamente obsesionado por ser dono absoluto de todo ata chegar ao limite da súa propia soidade ao non poder dar nada aos demais.

O quinto planeta era moi estraño e era o mais pequeno de todos.
Estaba habitado polo faroleiro, quen realizaba unha faena moi esclavizante e por ultimo o sexto planeta era un planeta dez veces máis grande.
Estaba habitado por un xeógrafo entrado en anos.

O principiño encóntrase no planeta terra co aviador (o narrador), coa serpe, co raposo (que lle ensino a importancia do amor e a amizade), o gardaagullas e o comerciante. A obra remato co regreso do principiño ao seu planeta, deixando triste o aviador.

1 comentario: