mércores, 4 de decembro de 2013

Vacacións de inverno


 Chega o inverno e... donde podo ir?
É certo que cando está chegando o inverno todo invita a quedar na casa...tumbado no sofá... coa mantiña por encima... disfrutando dunha taza de café... disfrutando dunha boa película ou lendo ese libro que durante o verán, fomos deixando apartado, e morto de risa.
Pois ben, hai outras moitas opcións á hora de planificar as túas vacacións de inverno, e neste artículo vouche dar algunhas delas.
Non sei a vós, pero a min cando escoito a palabra inverno, só se me veñen dúas cousas á mente: Ir á neve ou as Navidades. E por aquí vou partir.
Se decides ir á neve, as compañías de Low Cost acercaranche destinos europeos coma os Alpes Suizos, ou se a túa economía cho permite, podes ir a Aspen Colorado, ou ao Lago Tahoe. Para os amantes do esquí, Andorra ten a maior superficie esquiable dos Pireneos con 6 estacións e 177 pistas. Pero tamén temos boas estacións de esquí, sen salir da casa (quero dicir, sen salir de España, non vaiades pensar que na vosa casa vaia haber unha estación de esquí...), coma por exemplo nos Pireneos, ou en Serra Nevada. Moita xente pode ter medo a levar ás súas familias porque pode parecer perigoso e estresante cos nenos ás costas, pero a maioría de centros ofrecen clases de esquí. En canto a aloxamento, sorprenderavos saber que non é tan caro coma parece e que se poden encontrar boas ofertas.
                                     (Aspen Colorado)
                                      (Alpes Suízos)
                                      (Andorra)



Se non eres de ir a esquiar (coma min...), ou non podes, disfruta dunhas verdadeiras Navidades en calquera destas cidades que che propoño, onde atoparás o auténtico espíritu navideño paseando polos seu mercadillos, disfrutando das súas comidas e tradicións, e... pasando frío, moito frío.
DESTINO 1: NOVA YORK
A cidade con máis ambiente navideño e na que deberías ir polo menos unha vez en Navidades. Aquí atoparás moitos mercadillos, e mires por donde mires encontrarás un adorno, un árbol, unha cantiga, algo que che lembre que estás en Navidades.

DESTINO 2: TALLÍN (ESTONIA)
Deixanos a típica estampa navideña, e é o lugar onde encontrará-la foto máis adecuada para pensar que realmente estás en Navidades. O mercadillo da plaza central deixarate sen palabras e máis se tes a sorte de ver nevar.

DESTINO 3: PRAGA (REPÚBLICA CHECA)
Unha cidade tan de conto non podería faltar nunha listaxe de mercadillos navideños. E é que Praga, está bonita mírela na fecha na que a mires.

DESTINO 4: VIENA (AUSTRIA)
Aquí falamos máis de iluminación da cidade en sí. Está chea de grandes figuras de luces que fan que a cidade luza moito máis. En Viena atoparás un montón de mercadillos onde disfrutar das túas compras mentres paseas cunha gran taza de viño quente nas túas máns.

DESTINO 5 : SALZBURGO (AUSTRIA)
Outra cidade de conto. Co castelo colgando sobre a cidade. Cidade que nace entre as rochas e que podes percorrer perfectamente nun só día. Salzburgo ofrécenos outra bela estampa navideña.



Chega o inverno e... queres verán?

Exipto, Dubái, Túnez, a Ribeira Maia, o Caribe,... son uns deses lugares de verán.
(Dubai)


Chega o inverno e... queres illas?

Cerdeña, luxo Mediterráneo

Santorini, beleza grega


Stromboli, a illa do volcán

A Palma, a desconocida


Chega o inverno... e queres unha cidade apartada?

Oporto, cidade do viño

Atenas, unha cidade do pasado

San Sebastián , xoia do Cantábrico


Unhas vacacións de inverno baratas, é unha boa maneira de manter aos nenos e nenas felices.
Sen con esto non vos animei a levantarvos do sofá, entón... só me queda preguntarvos: que libro estades a ler? ou... cal é a película que estades a ver?
(Non atopei ningún vídeo compatible para este artículo, e ademais, penso que xa e de abondo...)

XOEL RODRÍGUEZ POY

Ningún comentario:

Publicar un comentario